Residuos - Boiro

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 22/2011, de Residuos)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei 22/2011 de Residuos (art.17) define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na orde mam/304/2002, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Punto Limpo

Punto Limpio

Un operario se encarga de abrir o Punto Limpo de martes a sábado en horario de 10:00 – 14:00 horas e de 16:00 – 20:00 horas excepto festivos.

Os residuos admisibles no Punto limpo clasifícanse en residuos non perigosos e residuos especiais tóxicos ou perigosos.

Recollida Porta a Porta dos Enseres Voluminosos

Recollida Porta a Porta dos Enseres Voluminosos

Dentro dos servizos de xestión do Punto Limpo, inclúese a recollida porta a porta dos enseres voluminosos que se leva coa seguinte frecuencia:

• Quincenalmente no período invernal (xaneiro a abril e outubro a decembro)

• Semanalmente na época estival (de maio a setembro)

A recollida porta a porta se solicita telefónicamente a través do 981.83.89.08 ou via e-mail: coregal.boiro@coregal.gal

No momento da solicitude deben indicar o nome do solicitante, enderezo da recollida e material a recoller. Posteriormente indicaranlle as cantidades que pode depositar e o día e lugar onde se fará a recollida.

• Residuos non perigosos:

1. Papel-cartón

2. Vidrio

3. Envases lixeiros

4. Téxtil

Residuos non perigosos

5. Metais e ferrallas: aluminio, ferro, cobre, bronce, inoxidables, somieres

6. Electrodomésticos sen gas CF

7. Mobiliario e madeiras non contaminadas, mobles, caixas, marcos e portas, palets

8. Escombros ou calquera outro material inerte procedente das pequenas obras domésticas

9. Plásticos limpos de embalaxes e asimilables (polietilenos e polipropilenos)

10. Plásticos agrícolas

11. Voluminosos: colchóns, sofás, somieres, etc

12. Restos de podas

• Residuos especiais tóxicos ou perigosos:

1. Aceite de locomoción

2. Pilas e baterías de todo tipo

3. Sprays e Aerosois

4. Radiografías

5. Tubos fluorescentes

Residuos especiais tóxicos ou perigosos

6. Restos de pinturas, vernices e disolventes

7. Envases metálicos e/ou plásticos contaminados

8. Produtos químicos en pequenos envases

9. Absorbentes contaminados (trapos, papeis, brochas, etc)

10. Filtros de aceites

11. Residuos de equipos eléctricos e electrónicos liñas marrón e gris (equipos informáticos, radios, equipos de música...

12. Cartuchos de tonner de fotocopiadora e impresión

13. Aceite doméstico

14. Electrodomésticos con gas CFC (liña branca)

Para acadar unha mellor xestión dos residuos admitidos, séguense os seguintes criterios de aceptación:

• Téxtiles: roupa, calzado (25 Kg)

• Podas e restos vexetais : 1000 litros (colector tipo basura)

• Aceite motor (20 litros)

• Aerosois: 10 unidades

• Escombros (100 kg)

• Frigoríficos (2 unidades)

• Voluminosos (colchóns): 4 unidades

• Aceite vexetal: 20 litros

• Disolventes, pinturas, vernices: 25 Kg

• Electrodomésticos: 3 unidades de cada clase

• Cartuchos e tóner de fotocopiadora e impresora: 4 unidades

• Fluorescentes: 10 unidades

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies