O anuncio da Consellería de Medio Ambiente de habilitar un orzamento de 2,6 millóns de euros para cubrir tantos as axudas por danos causados pola fauna salvaxe como para sufragar os investimentos realizados por agricultores e gandeiros para previr ataques, é «claramente insuficiente» a xuízo de . Unións AgrariasO adxectivo responde aos cálculos realizados pola organización agraria, que estima que os produtores galegos tiveron que exporse a unhas perdas durante o ano pasado por valor de máis duns 14 millóns de euros.
O sindicato apunta nun comunicado que na orde publicada esta semana polo Diario Oficial de Galicia (DOG) concrétase unha redución de preto de 400.000 euros da convocatoria do 2020 sobre o 2021, o que implica «a perda dun 12% de investimento sobre unha partida xa de por si moi escasa e que non significa mais que un parche a unha situación que está totalmente desmandada e que durante o pasado ano afectou a todo tipo de producións como vides, prados, millo, castaña.... no caso do xabaril, e gando bovino e ovino no caso do lobo». Por esa razón piden un incremento no control de mandas.
Ao mesmo tempo reivindican o papel da caza social en Galicia, fundamentalmente no caso do xabaril, para poder manter baixo control a eses animais e evitar «a », como, súa proliferación excesiva e que esta resulte en danos na agricultura a gandería, a seguridade nas estradas e mesmo danos nos ecosistemas, ademáis de supor un serio risco de propagación de enfermidades capaces de afectar á cabana gandeira da que depende nestes tempos de pandemia, a alimentación dos galegos e de boa parte de Españadetallan, pode ser a tuberculose de gando vacún, «e o control do risco de aparición e no seu caso propagación da peste porcina africana, para previr efectos catastróficos na produción de porcino».